Hábitos saudables

 Bo día equipos!


Neste novo tema de CCNN imos tratar un tema que coñecedes ben…OS HÁBITOS SAUDABLES.


Como xa sodes uns expert@s, a vosa misión será informar ao resto do cole ao respecto.



Como o faredes? Que tedes que facer?



  • Tedes que crear, en equipo, unha presentación PowerPoint.

  • Tedes que realizar unha exposición oral, con axuda da presentación creada, ao resto das clases de primaria.


Para a creación da presentación PowerPoint cada equipo accederá aos seguintes enlaces:


EQUIPO RATA:  https://docs.google.com/presentation/d/1EWKCEUSKzuqZXgxFHfQbdO88ydgvzbCAsX91on0Ss0U/edit?usp=sharing 


EQUIPO DORITOS: https://docs.google.com/presentation/d/1_hiR7pnvO9NsdDIrQV25iHc1RXGpw3I20-jPPTbvzUU/edit?usp=sharing 


EQUIPO RANA:  https://docs.google.com/presentation/d/17aYTKWF4HHfk4cLPMZmMpW3PXJCD22o7I3ZRwdIIOjY/edit?usp=sharing


EQUIPO MINI PEKKA:  https://docs.google.com/presentation/d/1XfW3vrN8tJQNYhGK_4rgXrZJTMEgYyIY7yoGOC-he2I/edit?usp=sharing


EQUIPO TIGERS: https://docs.google.com/presentation/d/1Q1hWJMyLt2RP4dSP1KhF8HfQJgYc9ELWMlF0ydSSNcs/edit?usp=sharing  



CONSELLOS para as presentacións:


  • Os contidos dos apartados atópanse no tema correspondente do libro. Aínda que podedes ampliar a información coa axuda de Internet.

  • Recordade que todo deberá estar en lingua galega.

  • Tede en conta a idade dos compañeiros e compareiras ás que vos dirixides.

  • Non enchades con texto as diapositivas, son só un apoio visual para vós (axúdavos a seguir un fío ordeado no discurso) e para a vosa audiencia.



GUIÓN da presentación:


  1. Que é a saúde?

  2. Cales son os principais tipos de enfermidades? (diferenzas e características).

  3. Como se transmiten as enfermedades infecciosas? Trucos para evitalas.

  4. Hábitos de vida saudable.

    1. Identificalos.

    2. Indicar por que son necesarios.

    3. Falar dos problemas do exceso do uso do móbil.

  5. Que é e como é unha dieta equilibrada?

  6. Que función teñen os distintos alimentos?

  7. A presenza do azúcar nos alimentos. 

    1. Neste apartado poderedes incluir un caso ou representación práctica con algunha bebida.

  8. Técnicas de primeiros auxilios.

    1. Que son e cales son as súas características?

    2. Escollede dúas técnicas para falar dos pasos a seguir e así poder axudar na escola se é preciso.


Canto tempo temos? Cando traballaremos?


Para esta tarefa teredes 4 sesións (1:30 horas cada unha), que serán os xoves tras o recreo.

A tarefa debe quedar rematada o xoves 2 de maio.


Queredes saber como sacar un 10? 

Clicade para ver a rúbrica coa que vos valorarei as tarefas.



  • Exposición:

https://docs.google.com/document/d/1sm8WohTHFo-c1JffqaXmi6gXi6-EYaKfTFCyqFr3CiI/edit?usp=sharing 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Parlamento ODS

Investigación paraolímpica

RECURSOS PARA TRABAJAR LA CONJUGACIÓN VERBAL: