Última presentación en galego.

Rapazada de 6º:

Durante as vindeiras semanas teredes que preparar na casa unha presentación en galego. 

O tema pode ser calquera do voso interese, aínda que, coma sempre, valorarei que sexa interesante.


A finalidade desta actividade é que teñades a oportunidade de expresarvos en galego con seguridade e tranquilidade, xa que podedes ensaiar na casa e pedirme axuda cos guións as veces que precisedes.


Aquí tedes algunhas pautas a ter en conta:


  • SOPORTE. Podes crear o soporte que queiras ou co que te sintas máis cómodo/a, por exemplo; unha presentación PowerPoint, unha cartolina con fotos, unha maqueta, un vídeo, unha gravación de audio, etc…
  • LINGUA. Recorda que é imprescindible que todo esté en lingua galega (tanto o soporte coma o teu guión e exposición). Non dúbides en pedirme axuda e empregar o dicionario da RAG.
  • DURACIÓN. Cada exposición deberá durar entre 5 e 10 minutos.
  • TEMÁTICA. Como xa dixen, a temática que elixas pode ser calquera, pero intenta ser orixinal e aproveitar esta oportunidade para mostrarnos algo novidoso na clase e para investigar pola túa conta. Algunhas ideas: a cultura dun país lonxano, algún ser mitolóxico, un invento revolucionario, un grupo de música, unha viaxe que fixeras…
  • QUE AVALIAREI?.


0

0.5

0.75

1

Uso correcto da lingua galega

(coidado coa colocación dos pronomes e castelanismos, intenta empregar conectores para ordenar o teu discurso...)..

Este apartado puntúa o doble.





Duración axeitada da exposición.





Orixinalidade do soporte.





Organización e secuencia da información.





Ton de voz.





Dominio do contido.





Uso dos recursos visuais e tecnolóxicos.





Recoñecemento das fontes de información.






    • PRAZOS E DATAS DE ENTREGA:
      • Entrega do guión: luns 3 de xuño.
      • Entrega soporte e guión definitivo: luns 10 de xuño.
      • Exposicións: luns 17 de xuño.

    Comentarios

    Entradas populares de este blog

    Parlamento ODS

    Investigación paraolímpica

    RECURSOS PARA TRABAJAR LA CONJUGACIÓN VERBAL: