Última presentación en galego.
Rapazada de 6º: Durante as vindeiras semanas teredes que preparar na casa unha presentación en galego. O tema pode ser calquera do voso interese, aínda que, coma sempre, valorarei que sexa interesante. A finalidade desta actividade é que teñades a oportunidade de expresarvos en galego con seguridade e tranquilidade, xa que podedes ensaiar na casa e pedirme axuda cos guións as veces que precisedes. Aquí tedes algunhas pautas a ter en conta: SOPORTE. Podes crear o soporte que queiras ou co que te sintas máis cómodo/a, por exemplo; unha presentación PowerPoint, unha cartolina con fotos, unha maqueta, un vídeo, unha gravación de audio, etc… LINGUA . Recorda que é imprescindible que todo esté en lingua galega (tanto o soporte coma o teu guión e exposición). Non dúbides en pedirme axuda e empregar o dicionario da RAG. DURACIÓN. Cada exposición deberá durar entre 5 e 10 minutos . TEMÁTICA. Como xa dixen, a temática que elixas pode ser calquera , pero intenta ser orixinal e aproveita...